Neste artículo imos falar dos equipamentos, regulamentos, técnicas e tácticas necesarios para xogar ao bádminton. Imos comezar falando das pistas e o equipamento necesario para a realización do bádminton. Continuaremos polos sorteos que se realizan, o tanteo, os servicios e as diferencias entre o xogo individual e o xogo de dobles.
O bádminton surxiu na India, onde se chamaba Poona. Posteriormente, uns oficiais británicos, viron o xogo na India e o levaron a Ingleterra arredor do ano 1873. Posteriormente, o duque de Beaufort interesouse polo xogo. O bádminton era un xogo formal, no que había que xogar con casaca, zapatos abotonados, corbatín e pantalóns abombados de seda.
INSTALACIÓNS E MATERIAIS:
PISTA
Nun primeiro lugar imos falar da pista que se utiliza en bádminton, que depende de se imos realizar un partido de individuais ou de dobles. O campo ten unha lonxitude de 13,40 metros e un ancho de 6,10 metros. Se xogamos en individuais, o campo será algo más estreito, xa que de ancho en vez de 6,10 metros medirá 5,06 metros. Por outro lado, se xogamos en dobles, o campo terá o ancho ao completo, é dicir, 6,10 metros, pero, en dobles, para o saque teñen unha restinción de lonxitude, xa que o volante so poderá chegar ata a primeira liña de fondo que se atopa 72 centímetros da liña de fondo. Por outro lado, o saque ten que chegar polo menos ata a primeira liña de cada campo, que está a 1,98 metros da rede. Por último, no campo atópase a rede, a cal atópase a unha altitude de 1,55 metros e ten o ancho da pista.
VOLANTE
Agora imos falar do volante, que é o elemente que se utiliza para xogar. Este pode ser de dos materiais distintos.
Este primeiro volante utilizase sobre todo para a ensinanza ás persoas que están empezando co bádminton, xa que están feitos dun material sintético, pero ten as mesmas traxectorias co volante natural.
Por outro lado, atópase o volante natural, que é o que se utiliza en competicións e además voa con maior facilidade e con maior velocidade, o que fai que os puntos sexan máis intenso que cun volante de material sintético.
- O mango, que é a parte da raqueta pola que se agarra, no mango atópase o grip, que é un elemento que se pon para facilitar o manexo da raqueta, e ademais, para faclitar o agarre e que nos se nos caiga a raqueta.
- A cabeza da raqueta, é a parte superior da raqueta, e é onde se atopa o cordaxe. E a parte da raqueta con que se lle golpea ao volante.
- O pao, que conecta o mango coa cabeza da raqueta.
O saque. En bádminton, dependendo de se o noso número de puntos é par ou impar, o saque realizarase do lado dereito da pista ou do lado esquerdo da pista. No caso en que o noso número de puntos sexa cero ou par, o saque realizarase do lado dereito da pista, e no caso de que o noso número de puntos sexa impar, realizaremos o saque do lado esquerdo da pista. Para a realización do saque, temos que ter en conta que a cabeza da raqueta non pode superar a nosa cadeira, ademáis o saque se efectúa diagonalmente e dentro das liñas do campo, atendendo que en dobles a liña de saque longo é diferente ca de individuais. Por último, os xogadores deben ter, polo menos, un pé sobre a pista, nunha posición estática, ata a execución do saque.
TÉCNICA
Para comezar a falar da técnica, comezarei indicando os diferentes golpeos que se poden efectuar en bádminto:
GOLPEOS DEFENSIVOS:
Clear: é un golpeo do volante cunha traxectoria moi alta e ao fondo da pista, este golpeo, ademáis de ser defensivo tamén se pode realizar de maneira ofensiva se o ralizamos con menos altura e con máis forza. Para realizar o clear, colocarémosnos nunha posición lateral e co brazo da raqueta cunha flexión de codo aproximada aos 90º e co brazo contrario estendido e indicando a traxectoria do volante.
Lob: é un golpeo do volante dende cerca da rede e cunha traxectoria de abaixo hacia arriba, debe ser un golpeo cunha traxectoria moi alta e ao fondo da pista. Para a realización do lob, a perna e o hombro do lado do cal temos agarrado a raqueta adiántanse e realizamos un golpeo circular de abaixa hacia arriba rematando cona cabeza da raqueta onde queremos que vaia o volante.
- Deixada baixa: é un golpeo que se realiza coa cabeza da raqueta á altura da rede e deixando o volante no outro campo, o máis corto posible. Para este golpeo, debemos levar o corpo de lado e a raqueta á altitude da rede, para poder facer unha deixada con maior facilidade.
- Drop: é un golpeo dendo o final da pista, no que nos colocamos como para realizar un clear, pero no último momento frenamos a raqueta en seco, polo que o volante queda moi preto da rede. É un golpeo que se realiza co corpo de lado e cun golpeo parecido ao do clear, pero no último momento freamos a raqueta para producir que o volante caia o máis próximo da rede.
RESUMO DOS GOLPEOS
TÁCTICA
Cando falamos da táctica en bádminton, falamos das posición que toman os xogadores dentro do campo para realizar un xogo máis ofensivo ou defensivo, pero esto é no caso dos partidos de dobles, xa que nos partidos de individuais cada un ten unha táctica, pero non se pode falar en xeral da táctica do xogo de individuais, aínda que o que fan todos os xogadores é volver ao medio do campo aproximadamente, para poder chegar a todos os golpeos que te podan realizar. Ao falar da táctica de bádminton, en dobles, podemos observar que os xogadores cando están so seu saque, o xogador que non está sacando, normalmente se atopa na parte de atrás do campo no medio, esto provoca que o xogador que está sacando, unha vez xa efectuou o saque, quedarase na parte de diante do campo, de este xeito o que conseguen é unha posición ofensiva no campo. Por outra parte, cando os xogadores non son os que teñen o saque, a súa posición será unha posición centrada na pista e os dous á mesma altura. Estas posicións poderán ir cambiando no transcurso do partido, de tal forma que ainda que empeces cunha posición ofensiva, se o rival consigue atacar, os xogadores deben colocarse nunha posición defensiva. En caso do xogo de bádminton, os xogadores tenden a utilizar o saque corto, e ademáis, un golpeo moi habitual en dobles é o drive.
BIBLIOGRAFÍA
Federación española de bádminton
http://iessantalucia.org/wp-content/uploads/2019/03/BADMINTON-GOLPEOS-B%C3%81SICOS-1%C2%BAESO.pdf
Técnico superior de enseñanza y animación sociodeportiva IES Puerta de Cuartos
No hay comentarios:
Publicar un comentario