Pádel: regulamento, técnica e táctica. Instalacións e material.

PÁDEL



Neste artículo imos falar sobre o pádel, en concreto falaremos sobre as instalacións, o material, o regulamento e por último sobre a técnica e a táctica que podemos utilizar en pádel. Comezaremos falando sobre as instalacións.

O pádel naceu en Acapulco (México) no 1969 cando Enrique Corcuera adaptou un terreo da súa finca de 20 x 10 metros colocando paredes nos fondos e laterais, en principio para que a vexetación non invadira a súa pista. Xogábase con palas de madeira e recibía o nome de Paddle-Tenis.

Uns anos máis tarde, no 1974, Alfonso de Hohenlohe viaxa a México invitado polo seu amigo Enrique. Durante a súa estancia interésase pola práctica dese deporte novo recién creado. O seu entusiasmo por esta nova actividade non se fixo esperar. Á súa volta a España, tras analizar e perfeccionar algúns detalles, constrúe as dúas primeras pistas en Marbella Club. Así a historia do pádel foi dando os seus primeiros pasos.


INSTALACIÓNS:

Pista

O área de xogo é un rectángulo de 10m de ancho en 20m de lonxitude. 


O campo atópase dividido por unha rede, que divide o campo en dous rectángulos iguais. Cada campo atópase dividido por unha línea chamada línea central de saque. A 6.95 metros da rede hai outra línea que delimita a zona de saque xunto con línea central de saque. Ademáis o campo de pádel atópase delimitado por paredes que normalmente son de cristal e unha malla metálica, estas paredes poden ter como mínimo unha altitude de 4 metros aproximadamente, e ademáis recoméndase unha altitude mínima libre de entre 6 a 8 metros, é dicir, que non haxa ningún elemento físico que poda molestas(como os focos). Asemade as pistas contan con dúas entradas en cada lateral, á altura da rede, estas entradas son o medio polo cal os xogadores entran na pista e además pode ser tamén unha forma de salvar algún punto, xa que se pode salir da pista para intentar salvar algúnha bóla que salga do campo.


MATERIAL

Pelota:

 As pelotas deben ter unha serie de características determinadas pola Federación Internacional de Pádel, en primeiro lugar son esferas de color amarelo as cales deben ter un diámetro aproximado de 6,5 centímetros e un peso de entre 56 e 59 gramos, ademáis debe ter un rebote de entre 135 e 145 cm deixándoa caer nunha superficie dura dende 2,54 metros. Por outro lado a pelota deberá ter unha presión interna entre 4,6 e 5,2 kg po cada 2,54 centímetros cuadrados.


Pala: a pala de pádel é o elemento que nos permite xogar a este deporte. A diferencia das raquetas de tenis , bádminton o de squash, estas palas non teñen rede, senón que teñen uns ocos na superficie da pala. En proporción ás raquetas citadas anteriormente as palas de pádel son as máis pesadas, atópanse entorno aos 330-400 gramos.


REGULAMENTO:

Puntuacións:


Un partido de pádel xógase ao mellor de 5 sets, e en cada set gaña quen chega a 6 xogos con diferencia de 2 xogos. Hay dous maneiras de puntuar un partido de pádel, con ventaxas ou con punto de ouro, o máis común é utilizar as ventaxas, e é o que se utiliza en competicións.
-O método de ventaxas: os puntos cántanse como os de tenis, é dicir, o primeiro punto que se fai equivale a 15, o segundo punto equivale a 30, o terceiro punto equivale a 40, e se os dous equipos chagan a 40-40, ten que gañar de 2 puntos, é dicir, se gaña un punto consiguen unha ventaxa, e se fan outro punto ganan ese xogo.
-Método de punto de ouro: os puntos cántanse da misma maneira que no método de ventaxas, solo que neste caso, cando as dúas parellas chegan a 40-40, a parella que faga o seguinte punto é a que se leva o xogo.
Por último hai unha manera de desempate, que se chama tie-break, e se canta como 0,1,2,... e é un xogo a 7 punto pero con diferencia de dous puntos.
Os partidos de pádel xóganse ao mellor de 5 sets, cada set xógase a 6 xogos, cada un deles puntuado como se explica no método das ventaxas. 


TÉCNICA E TÁCTICA:

Técnica: Cando falamos da técnica debemos ter en conta en primeiro lugar cómo se agarra a pala de pádel. Deste xeito, a pala de pádel débese agarrar con forza e completamente vertical, como se fora un machado.
Por outro lado, no pádel hai diferentes tipos de golpeo dependendo do que queramos facer, polo tanto, podemos diferenciar golpeos ofensivos e golpeos defensivos.

Golpeos ofensivos: algúns dos golpeos ofensivos que se poden realizar no pádel poden ser:

- A volea, con este golpeo o que buscamos é un golpe rápido e preciso que perxudique ao oponente, acostúmbrase a facer preto da rede.
- O remate ou smash, é un golpeo que se executa de arriba cara abaixo, o que se busca con este tipo de golpeos é terminar o punto, deste xeito, algúns xogadores de pádel, ao realizar este golpeo conseguen que a pelota supere as paredes polo que, na maioría dos casos, é punto.
- A deixada, é un golpeo que se executa dende a rede, e o que se busca con este golpeo é deixar a pelota o máis preto da rede posible e o máis complicada para que o contrincante non de realizado ningún golpeo.

Golpeos defensivos: algúns dos golpeos defensivos que se poden realizar no pádel poden ser:

- O golpeo de dereita plano, este golpeo non é de todo defensivo xa que se realiza en multitude de ocasións, xa que é o golpeo máis común para facer que a pelota pase a rede.
- O golpeo de dedreita cortado, é un golpeo que se realiza dende a metade ou o fondo da pista, e o que se busca é deixar a pelota o máis preto da rede intentando despistar ao contrincante.
- O golpeo de revés plano, e o golpeo complementario do golpeo de dereita plano.
- O golpeo de revés cortado, é o golpeo complementario ao golpeo de dereita cortado.


- O golpeo cando a pelota sae da parede, é un golpeo que se realiza cando a pelota xa te pasou e golpea contra o cristal, neste caso o que se debe de facer é separarse da pelota e agacharse moita para intentar salvar a pelota o máis pronto posible despois de que a pelota tocara a pareded.


- O golpeo contra a parede, é un golpeo que se utiliza en última cisrcunstancia, xa que se non se pode salvar de outra maneira debemos facelo de esta forma, pero ao facer un golpeo contra a parede, ás veces non controlamos hacia onde vai a pelota.


- O globo, é un golpeo que a nivel competitivo se realiza con frecuencia, xa que con este golpe conseguimos levar ao rival ao fondo da pista e nós podémonos colocar outra vez nunha posición máis cómoda. É un golpe que se realiza dende o fondo da pista, ademáis debe ser un golpe moi alto e que chegue o máis atrás posible.



Táctica: podemos observar que no pádel, como no bádminton, hai dúas posicións bastante destacables, unha delas é unha posición ofensiva, na que un dos xogadores atópase máis preto da rede para intentar acabar o punto.


E unha máis defensiva, na que os dous xogadores se atopan na metade do seu campo para abarcar máis terreo.





BIBLIOGRAFÍA:


Fotos de google.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Currículum Andrés