Tenis de Mesa: regulamento, técnica e táctica. Instalacións e material.

 TENIS DE MESA



INTRODUCCIÓN:

O tenis de mesa, tamén chamado ping-pong, creouse a finais do século XIX en Inglaterra por uns tenistas que non podían xogar ao tenis porque estaba chovendo, polo que colleron unha mesa cuadrada, un cordón e dous paos e fixeron a rede, ademáis colleron implementos que se semellaran ás palas e por último unha pelota de calquer tipo. Pouco a pouco foron avanzando cos materiais das palas e das pelotas, ata que no ano 1926 realizouse o primeiro campeonato e o congreso mundial de tenis de mesa en Londres, onde se fundou a ITTF ( International Table Tennis Federation). 


INSTALACIÓNS E MATERIAL:

Mesa:

Xogarase nunha mesa rectangular, a cal ten 2,74 metros de largo, polo tanto, cada campo será de 1,37 metros e estarán divididos pola rede, e 1,525 metros de ancho, dividido en dous por unha línea blanca, que será a que delimite os campos para o saque.




Rede:

Cando falamos da rede, tenos que falar tamén dos seus soportes e da súa suspensión. O soporte vertical da rede ten unha altura de 15,25 cm, e o soporte debe estar a 15,25 cm por fóra das líneas laterais da mesa.



Pelota

A pelota é un dos materias imprescindibles para poder xogar a este deporte, e trátase dunha esfera de una 40mm, pesará entorno a 2,7 gramos e o material do que está feito é de celuloide ou dun material plástico similar.


Pa

Cando falamos da pa, falamos do material co cal golpeamos a pelota, polo que é indispensable. Ademáis, as pas poden ser de calquer tamañao, forma ou peso, ainda que a folla deberá de ser plana e ríxida. A pa debe de estar composta por un 80% aproximadamente de madeira, ain que se pode reforzar con fibra de carbor, fibra de vidro, pero sen sobrepasar o 7,5% do grosor total. Por outro lado, a folla poderá estar recuberta con goma para golpear dunha maneira máis eficiente a pelota.



 REGULAMENTO:

Para comezar, falaremos do servicio e a devolución.

Para facer correctamente o servicio, debemos de ter en conta que a pelota ten que descansar sobre a palma da man aberta e inmóvil da man que non ten a pa do que vai a sacar. Unha vez está ahí a pelota, o servidor ten que lanzar a pelota verticalmente sobre 16 cm e despois golpear a pelota antes de que toque a mesa. O golpeo do servicio ten que facer que a pelota toque primeiro o campo do servidor e despois o campo do que vai devolver.

Para devolver correctamente, debemos golpear a pelota de forma que toque o campo do oponente directamente.

Por outro laso, algunhas das regras básicas do tenis de mesa poden ser:

  1. Se a pelota toca a rede durante o servicio e aterriza no campo do oponente, chámaselle "let" e se repite o servicio.
  2. O punto otórgase se o oponente non golpea a pelota correctamente, é dicir da na rede, se non chega á pelota ou se a pelota non chega á mesa.
  3. O xogo é a 11 puntos e o xogador que gana o xogo debe ganar por al menos 2 puntos de diferencia. Se o marcador chega a 10-10, o xogo continúa ata que un xogador gañe por 2 puntos de diferencia.
  4. Os xogadores cambian de lado da mesa despois de cada xogo e despois de que un jugador anota 5 puntos no último xogo. E os partidos son ao mellor de de 3 xogos.
  5. O servicio altérnase cada dous puntos, independentemente de qué xogador ganara o punto.


TÉCNICA E TÁCTICA:

Ao falar da técnica, enfocarémonos nos distintos tipos de golpeos básico que podemos facer.

Empezaremos co golpe de dereita, que é o golpe máis básico do tenis de mesa, xunto co golpe de revés. Son golpes que se realizan normalmente en diagonal e o que buscamos con este golpe é devolver a pelota o máis preto da rede que podamos.



Continuaremos co smash, que é un golpeo ofensivo, é un golpe que se executa de arriba cara abaixo, deste xeito fai que sexa moi complicado de devolver para o noso contrincante.


O tospin, é como un smash, solo que neste caso o que facemos é imprimirlle un efecto á pelota que fai que o golpe sexa moito máis complexo de salvar, este golpe realizase ded abaixo cara arriba.


E por último temos a cortada, que é un golpe que facemos de maneira que a pelota queda o máis próxima á rede posible, realizase acompañando á pelota, de tal maneira que fai un efecto que cando bota a pelota frénase un pouco.

En cuanto a táctica, falaremos sobre todo en dobres, xa que en individual cada xogador ten unha táctica diferente. En cuanto a dobres, debemos de saber que cada vez ten que darlle un componente do equipo, é dicir, un xogador dun equipo non lle pode dar á pelota duas veces seguidas, polo que a táctica da maioría dos equipos de dobres é que o que lle ten que dar á pelota colócase nunha posición máis próxima á mesa, de tal modo unha vez lle da á pelota éste vaise un pouco para atrás para deixarlle golpear ao seu compañeiro.




BIBLIOGRAFÍA:

Real Fededración Española de Tenis de Mesa









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Currículum Andrés